martes, 23 de noviembre de 2010

SUCESORES DE PEDRO EN GALICIA

[02/11/2010 09:00 - 28/11/2010 22:00] Con motivo da visita do Papa Benedicto XVI a Santiago de Compostela coma peregrino da fe, a exposición "Sucesores de Pedro en Galicia" identifica aos pontífices máis vinculados a Compostela. Permanece aberta na Igrexa da Universidade de Santiago.
O descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago polo bispo Teodomiro, a principios do século IX, inicia unha serie de acontecementos que, baixo a protección do papado, dan lugar ao culto xacobeo e sitúan a Compostela coma centro de peregrinación para a cristiandade. Ao longo dos séculos foron numerosos os pontífices que dunha ou doutra forma ofreceron o auspicio necesario para a consolidación deste feito, e dous sucesores de Pedro que no século XX visitaron a cidade para render culto ao Apóstolo Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario