miércoles, 16 de febrero de 2011

Presentación libro: O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil na Idade Media

Mañá día 17 de febreiro no Salón de Actos da Casa de Chocolate preséntase en sociedade o libro do noso compañeiro Víctor Rodríguez Muñiz que leva por título O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil na Idade Media. Desde este blog mandámoslle os nosos parabéns e esperamos que sexa todo un éxito. Tamén animamos a todo o mundo a que o acompañe na presentación as 11 da mañá.

lunes, 14 de febrero de 2011

O ALLARIZ MEDIEVAL

Para quen lle interese a historia de Allariz vaise celebrar os días 10 e 11 de marzo na vila un curso organizado pola UNED-Ourense que leva por título "Allariz: historia e patrimonio".
Para máis información pódese consultar o tríptico no seguinte enderezo: http://www.uned.es/ca-ourense/