miércoles, 3 de noviembre de 2010

Congreso "O século de Xelmírez"

O arcebispo compostelán Diego Xelmírez é unha das figuras clave da historia de Galicia, e sen dúbida foi tamén un dos protagonistas do decorrer histórico do século XII hispánico. O Congreso O século de Xelmírez pretende deitar un outro ollar sobre os camiños que abriron as renovadoras iniciativas xelmirianas nos diversos ámbitos en que actuou, desde a política e a Igrexa ata as artes e as letras. Para tal fin, co gallo do ano xacobeo e nas portas do noveno centenario da coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galicia na catedral de Santiago no ano 1111, o Consello da Cultura Galega convoca un escol de especialistas nos distintos ámbitos en que as empresas de Xelmírez deixaron unha inmorredoira pegada.
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao congreso. Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das conferencias.

Para máis información: http://consellodacultura.org/?page_id=2667

No hay comentarios:

Publicar un comentario